Home Ancares Baralla O Corgo sae da alerta amarela mentres que Baralla activa este aviso

O Corgo sae da alerta amarela mentres que Baralla activa este aviso

0
O Corgo sae da alerta amarela mentres que Baralla activa este aviso
Mapa da incidencia do coronavirus a 19 de novembro | EP - Consellería de Sanidade

O mapa da incidencia do coronavirus amosa algúns cambios na provincia de Lugo este xoves 19 de novembro. Catro concellos seguen en alerta vermella: son Lugo, Vilalba —en cuxa residencia se vén de detectar un gromo con 30 positivos—, Sarria e Burela. Mentres, Foz sobe a aviso laranxa, con Guntín e Chantada.

Tamén hai novidades entre os concellos con alerta amarela, grupo ao que se incorpora Monforte ao baixar a incidencia na última semana. O Corgo desactiva este aviso e Baralla píntase de amarelo ao detectarse entre sete e 14 positivos nos últimos sete días.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here