InicioPolíticaOrozco polemiza en Twitter sobre os acordos do PSOE nos Orzamentos Xerais...

Orozco polemiza en Twitter sobre os acordos do PSOE nos Orzamentos Xerais do Estado

O exalcalde de Lugo critica as palabras de Adriana Lastra e a actitude de Pablo Iglesias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde de Lugo José López Orozco mostrou o seu malestar polas negociacións do Partido Socialista para sacar adiante os Orzamentos Xerais do Estado e censurou a actitude de Podemos.

O que fora presidente do PSdeG durante o mandato de José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral publicou unha mensaxe en Twitter na que afea a actitude do líder de Podemos, Pablo Iglesias, e na que tamén fai referencia ás palabras coas que a voceira do PSOE, Adriana Lastra, quixo resolver as críticas dos baróns do PSOE polo acordo da formación con Bildu.

“Somos unha nova xeración á que toca dirixir o país e a dirección do PSOE”, sinalou Lastra nunha rolda de prensa en referencia ás discrepancias manifestadas por dirixentes como o expresidente estremeño Juan Carlos Rodríguez Ibarra ou o exvicepresidente Alfonso Guerra.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...