InicioSociedadeO vello edificio de Aspnais converterase nun centro de día para persoas...

O vello edificio de Aspnais converterase nun centro de día para persoas con alzhéimer

A Xunta cede o uso destas instalacións a Alume e Afalu, dúas asociacións centradas nas persoas con enfermidades mentais e mais nos seus familiares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vello edificio de Aspnais (Asociación de Pais ou Titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo dará agora servizo a Alume (asociación de familiares con enfermidades mentais) e Afalu (asociación de familiares de persoas con alzhéimer) a través da creación dun centro de día para persoas con demencia.

O inmoble, situado na rampla de Claudio López, quedou en desuso tras a marcha de Aspnais ao antigo Hospital San José. A conselleira de Política Social, Fabiola García, fixo efectiva a cesión de forma oficial nunha visita ás instalacións na mañá deste martes, na que tamén estivo acompañada de membros de ambas asociacións.

Carmen Pena, de Afalu, aproveitou o acto para dar as grazas á Xunta “por facer realidade un proxecto” co que levan “soñando e traballando moitos anos”. “Nestas amplas e marabillosas instalacións porase en marcha un centro de día para enfermos de alzhéimer e outras demencias, para fins de semana, vacacións ou por motivos puntuais cunha estancia máxima de tres meses”, resumiu Carmen Pena.

A conselleira, pola súa banda, resaltou que esta cesión responde á intención de “continuar atendendo dous colectivos fundamentais, como son as persoas que padecen enfermidades mentais e as persoas que padecen alzhéimer”. Ademais da creación dun centro de día para persoas con alzhéimer, tamén se contempla unha zona residencial para “respiro familiar de todas esas persoas coidadoras”, subliñou a titular de Política Social.

Ademais, nunha parte deste centro instalarase o “servizo de atención terapéutica a persoas que padecen enfermidade mental, un pequeno centro de día con actividades e tamén unha zona axardinada para que poidan facer distintos talleres e distintas terapias”.

DESCARTA INTERVENCIÓN DE RESIDENCIAS PRIVADAS

Por outra banda, a conselleira de Política Social tamén fixo declaracións a fío da situación das residencias durante esta pandemia. Na súa visita a Lugo, asegurou que a Xunta traballa nun “novo modelo residencial perfeccionado” para as persoas maiores e rexeitou “unha intervención sumarísima” dos centros de titularidade privada.

Este compromiso trasladouno tras críticas da oposición, tanto por parte do PSOE como do BNG, ao Goberno galego por non anticiparse aos contaxios nos centros de maiores, a maioría de titularidade privada. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...