InicioSucesosAbsoltos dous administradores dunha explotación láctea acusados de delitos societarios

Absoltos dous administradores dunha explotación láctea acusados de delitos societarios

Os denunciados negaron os feitos denunciados e, algunhas das súas afirmacións, segundo destacan os maxistrados, foron corroboradas pola documental achegada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao presidente e ao secretario dunha sociedade láctea de Riotorto  dos delitos societarios e de administración desleal dos que foron acusados.

A sentenza, difundida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ratifica que o tribunal considera que a proba practicada non acredita que os sospeitosos cometesen os delitos que lles imputaban.

Os denunciados negaron os feitos denunciados e, algunhas das súas afirmacións, segundo destacan os maxistrados, foron corroboradas pola documental achegada.

Ademais, os xuíces indican que no informe do perito xudicial non hai datos que proben que os acusados “dispuxesen de diñeiro procedente da sociedade para beneficio propio”, á vez que destacan que unha sentenza condenatoria “non pode ampararse en meras sospeitas dos denunciantes”.

“Non aparecen datos probatorios de que os acusados manipulasen ou ocultasen algún documento mercantil que debese reflectirse na contabilidade da empresa ou levasen a cabo actos de compras ou vendas coa pretensión de prexudicar a prexudicar a propósitio á sociedade da que formaban parte (e, á vista das actuacións, seguen formando) e buscando un beneficio propio e particular”, recolle.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...