InicioComarca de MeiraO gromo detectado en Meira sobe aos 16 contaxiados

O gromo detectado en Meira sobe aos 16 contaxiados

O alcalde di que afecta a membros dunha familia pero tamén a outras persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O brote de coronavirus Covid-19 rexistrado no municipio lucense de Meira suma 16 casos positivos e ten orixe familiar, confirmaron a Europa Press fontes da área sanitaria de Lugo. Sobre este brote, as mesmas fontes sanitarias puntualizaron que se fixeron probas “a todos os contactos” e “séguese co rastrexo intenso de todos os contactos para acoutalo a ese ámbito”.

O tenente de alcalde de Meira, Agustín Méndez, confirmou a existencia deste gromo. Méndez explicou que este xoves, sobre as 14,00 horas, recibiron “a notificación” da Consellería de Sanidade, a través da que se lles avisou de que “se trataba dun foco e que estaba controlado“.

O tenente de alcalde de Meira sinalou que isto “o leva Sanidade”. “A xente está nas súas casas confinadas e seguindo as directrices que lles din”, abundou. “Preguntei se tiñamos que tomar algunha medida e dixéronnos que as medidas de sempre; non fomentar as reunións, nin as reunións familiares, distanciamento social, que sexamos respectuosos co uso da máscara e non nos deron ningunha instrución máis ante o brote”, detallou.

Así mesmo, Méndez subliñou que lles comunicaron que os contaxiados son “entre seis e nove persoas, dunha mesma familia son varios pero tamén hai outros afectados“. Segundo indicou, descoñece se a orixe está nunha “reunión familiar”.

“Pode ser dunha reunión familiar, pero puido ser doutro sitio e traelo ao ámbito familiar”, engadiu. “O contaxio puido vir de varias fontes, pero cabe a posibilidade de que sexa dunha reunión familiar”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...