InicioDeportesQuique Fraga é o novo director deportivo do Club Baloncesto Breogán na...

Quique Fraga é o novo director deportivo do Club Baloncesto Breogán na Liga ACB

PUBLICADA O

- Advertisement -

Quique Fraga é o novo director deportivo do Club Baloncesto Breogán, segundo confirmou Suso Lázare, presidente breoganista, en rolda de prensa. O Breogán xogará na Liga ACB a vindeira tempada trala confirmación da asemblea da Asociación de Clubes de Baloncesto (ACB). 

Quique Fraga foi segundo adestrador breoganista as dúas últimas tempadas con Natxo Lezkano. Foi o primeiro adestrador no último treito da tempada 2015-2016 e, previamente, segundo adestrador con Lisardo Gómez como primeiro técnico. Como segundo adestrador conseguiu o ascenso á Liga ACB este 2018 e chegou á final polo ascenso en 2015. Como primeiro técnico, acadou unha racha sobresaliente para meter a un equipo irregular nos playoffs, aínda que foi eliminado en cuartos de final.

“É unha oportunidade moi boa para mín, tanto para medrar profesionalmente como para axudar ao Breogán, que sempre foi o meu desexo e para iso traballei”, afirmou Quique Fraga en rolda de prensa. Comentou que xa axudou a “Natxo (Lezkano) e Juan Carlos (Castro) a confeccionar os equipos estes últimos anos” e que están “tentando que haxa un consenso na toma de decisións”.

Quique Fraga contestou que co base Ricardo Úriz, única renovación até o momento, van “ter un segundo base con experiencia que vai axudar moito en como levar ao equipo”. Subliñou a importancia do “rebote” e no “equilibrio” á hora de confeccionar o equipo.

Fraga confirmou que o escolta lucense Sergi Quintela ten contrato, reuniranse esta semana con Natxo Lezkano e van “tomar a decisión esta semana” sobre o futuro do xogador.

O novo director deportivo breoganista respondeu que “mínimo haberá tres adestradores” no equipo. Confirmou que el deixará de ser segundo adestrador e sobre Pablo Abuín, terceiro técnico a pasada tempada, “tamen se resolverá esta semana” o seu futuro.

Pola súa banda, Suso Lázare declarou que “Quique foi coa primeira persoa” coa que falaron para a dirección deportiva e, “despois dunha pequena rolda de catro-cinco entrevistas, o consello decidiu por unanimidade darlle a oportunidade a Quique” e “vai ter todo o apoio” do club.

Lázare tamén confirmou a Javier Morandeira como director xeral e están pendientes de nomear a un responsable de marketing.

O presidente do Breogán adiantou que o orzamento vai “superar os 2.5 (millóns de euros) e estar incluso preto dos 3”.

Lázare contestou que haberá “mínimo dous videomarcadores” no Pazo dos Deportes na vindeira tempada.

 

 

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...