InicioSociedadeO hospital POLUSA suma 17 casos de COVID dentro da súa Unidade...

O hospital POLUSA suma 17 casos de COVID dentro da súa Unidade do Maior

Despois do cribado inicial detectáronse 3 casos de pacientes pero, ao repetirse as probas aos ingresados que deran negativo, confirmáronse novos contaxios, ata os 17 maiores afectados polo momento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Policlínico Lucense (POLUSA) suma xa 17 casos positivos de COVID entre os 32 pacientes ingresados na súa Unidade do Maior, ademais de tres traballadores contaxiados, segundo confirmaron fontes do propio centro sanitario.

O director médico de POLUSA, Miguel Larrosa, sinalou que en canto se detectou o primeiro caso a finais de agosto, o dunha traballadora, estivéronse facendo probas, que permitiron confirmar outros dous positivos no persoal.

Con respecto á Unidade de Maiores, no cribado inicial detectáronse 3 casos de pacientes pero, ao repetirse as probas aos ingresados que deran negativo, confirmáronse novos contaxios, ata os 17 maiores afectados o momento.

Larrosa explicou que o hospital mantén illados aos afectados dentro da propia Unidade do Maior, pero que, debido ás limitacións do espazo, están a traballar para poder trasladar aos anciáns que deron negativo a outras unidades de hospitalización. Así mesmo, confirmou que, ademais das probas aos pacientes desa unidade, están a realizarse probas “a todos os traballadores do hospital”.

Pola súa banda, a responsable de Comisións Obreiras no comité de seguridade e saúde de POLUSA, Marta López, reclamou á dirección do hospital que dea “información” sobre a situación do brote, e sinalou que se seguen revisando probas, polo que poden aumentar os casos.

Así mesmo, lembrou que á dirección instóuselle a illar aos contaxiados “nunha planta baleira, que durante a pandemia íase a destinar a iso”. “O problema é que os propios traballadores atenden a pacientes con COVID e a persoas sas. É aí onde temos o problema. Xa avisamos ata en tres ocasións para que se ille aos maiores e aos traballadores”, denunciou a sindicalista.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...