InicioSociedadeAs familias das vítimas do crime do Cash Record pensan en recorrer...

As familias das vítimas do crime do Cash Record pensan en recorrer á xustiza europea

Despois de 26 anos, o crime ocorrido no polígono do Ceao segue sen culpables.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias das vítimas do dobre crime do Cash Record, ocorrido hai 26 anos no polígono lucense de O Ceao, garantiron que non “tirarán a toalla” para manter a investigación activa e planean recorrer para iso á xustiza europea.

Así o afirmou Elena López, irmá de Isabel López, a caixeira asasinada hai 26 anos xunto a Esteban Carballedo, que traballaba como reponedor no Cash Record, un crime que continúa sen culpables.

Tras levar a cabo distintas mobilizacións para forzar que a investigación se retomase, Elena López apuntou que a familia pensa en recorrer á corte de xustiza da Unión Europea. “Imos empezar a mirar novas cousas e esta sería unha seguinte fase que poderiamos empregar para que continúe a investigación”, subliñou.

En canto ás “dilixencias” activas, Elena López lembrou que se pediron “varias” xestións, cunha resposta afirmativa por parte do xulgado encargado da instrución, algo que “sorprendeu” ás propias familias logo dos contratempos polos que pasou este suceso.

Antes da crise sanitaria, explicou, o xulgado “chamara a uns policías, aos que se tomou declaración e ían continuar con outras dilixencias que se pediron”, aínda que “coa pandemia paralizouse todo”. “A ver si retoman seguir tomando declaracións”, confiou a irmá dunha das vítimas, que confía en ter novidades ao longo deste mes de setembro.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...