InicioEconomíaO Plan de Roza da Deputación emprega a autónomos e pemes

O Plan de Roza da Deputación emprega a autónomos e pemes

O acondicionamento das estradas e a prevención de lumes realízase en 24 zonas de xeito manual e mecánico, sen uso de produtos químicos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Plan de Roza da Deputación de Lugo xa está en marcha. Os traballos de limpeza de estradas e prevención de lumes contan con contratos para actuar nos 67 concellos lucenses, cun investimento de 850.000 euros. Como particularidade, serán autónomos e pemes os que actúen sobre os máis de 4.200 quilómetros da rede viaria provincial, empregando medios manuais e mecánicos, nunca químicos.

As características definitivas deste Plan de Roza foron desvelados polo vicepresidente da Deputación e deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo. O responsable da rede de estradas provincial de Lugo, a máis extensa de España, subliñou que “o conxunto destes traballos foron adxudicados a autónomos e pequenas empresas, case todas da provincia“. Así, o axeitamento da rede de vías mellorará a seguridade de usuarios e veciños ao tempo que dinamizará o emprego.

Outro dos aspectos fundamentais que contempla o Plan de Roza é a prevención de lumes durante a época estival. Deste xeito, coa limpeza de maleza nas marxes das estradas tamén se busca reducir o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal, nunha época do ano na que é preciso un especial traballo de prevención.

As labores de desbrozamento comezaron na zona da Mariña, para facilitar que os accesos ás praias se atopen en perfectas condicións tanto para os veciños como para os miles de turistas que se achegan á costa de Lugo durante a tempada de verán. Estes traballos de roza foron estendéndose pola provincia nas pasadas semanas ata completar a totalidade do territorio lucense co obxectivo de poñer a punto a rede viaria provincial.

A roza é mecánica e manual, é dicir, non se emprega ningún tipo de axente químico para protexer o medio ambiente, “a diferenza doutras administracións”, salientan na Deputación. Os máis de 4.200 quilómetros de vías tradúcense en 8.400 quilómetros nos que se levará a cabo a roza (ambas as marxes viarias). As estradas provinciais foron divididas en 24 zonas, nas que actuarán autónomos e PEMES, executando o Plan de Roza.

 

Traballos do Concello de Lugo

Paralelamente á evolución do plan de roza provincial, que o goberno local de Lugo está a acometer o seu labor nas parroquias do rural. Son 750 quilómetros de estradas e pistas das 54 parroquias da capital, e dos que se ocupan operarios dunha empresa contratada. Asemade, o Concello ten unha brigada municipal executando tarefas de limpeza de maleza, co obxectivo de adecentar as marxes das estradas.

Traballos de roza a cargo do Concello de Lugo
Traballos de roza a cargo do Concello de Lugo

Así o explicou o concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen se achegou a Monte de Meda a supervisar ditas tarefas. A roza xa se levou a cabo nas parroquias de Pías, Tirimol, Meilán, Coeses, Soñar, Calde e Meilán. Tras rematar en Monte de Meda executaranse os traballos nas parroquias de Saá, Prólago e Piugos.

O Plan de Roza das pistas da zona rural do municipio, que conta cun orzamento de 98.000 euros, iniciouse no mes de xullo e prolongaranse o vindeiro mes ata chegar á totalidade da rede viaria municipal. Trátase pois de “mellorar a visibilidade na nosa rede viaria, así como as comunicacións e a seguridade das persoas que circulen por ela”, asegurou o edil, quen remarcou que “en definitiva, trátase de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas que viven no rural, asegurándolles a súa comodidade”. Así mesmo, o Goberno busca reducir o risco de incendios forestais, empregando a limpeza como traballo de prevención.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...