InicioSucesosUn detido en Lugo por falsificar o adhesivo da ITV, que alegou...

Un detido en Lugo por falsificar o adhesivo da ITV, que alegou que lle cambiaron o parabrisas con ela posta

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación de delitos contra as persoas, detiveron a un home veciño da cidade, sen antecedentes, por un delito de falsidade documental por falsificar o adhesivo da ITV.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron ao ser interceptado o vehículo e constar sen a correspondente ITV, pero con todo no parabrisas portaba o adhesivo correspondente da revisión do ano en curso.

Con iso realizáronse as comprobacións necesarias para aclarar a situación, que levou a que o agora detido puxera o adhesivo doutro vehículo no seu para non pasar a revisión, motivo polo que foi detido e remitido o actuado á autoridade xudicial, á espera de xuízo. As mesmas fontes policiais destacaron que o individuo detido por falsificar o adhesivo alegou que lle cambiaron o parabrisas co adhesivo xa posto.

Doutra banda a Policía Nacional, a través dos seus indicativos de Radiopatrullas, recuperaron un vehículo marca Minicooper que fora subtraído na localidade madrileña de Alcorcón.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...