InicioSucesosBuscan a un veciño de Lugo acusado de agredir á súa muller...

Buscan a un veciño de Lugo acusado de agredir á súa muller durante unha discusión

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo busca a un home por supostamente agredir á súa muller durante o transcurso dunha discusión producida na xornada do domingo no seu domicilio.

Nun comunicado, o Concello de Lugo informou de que ás 12,12 horas do domingo a Policía Local recibiu unha chamada na que se alertaba de que unha muller estaba a ser agredida nun inmoble situado na rúa Julia Minguillón.

Unha vez en lugar, os policías atoparon á muller sentada no portal da vivenda, chorando e sangrando por unha man. A vítima, que presentaba varias lesións, explicou que fora agredida polo seu marido, que marchou do domicilio.

Tras iso, os axentes activaron o protocolo para asistencia de vítimas de violencia de xénero e trasladaron á muller a un centro sanitario, acompañada por unha patrulla policial. Ademais, activouse un dispositivo de procura do presunto autor polas inmediacións do domicilio sen que, inicialmente, fose localizado. Os axentes instruíron dilixencias para pór o ocorrido en coñecemento do Xulgado especializado en violencia de xénero.

AGRESIÓN NA VÍA PÚBLICA

Por outra banda, ás 18,02 horas do domingo, a Policía Local tamén recibiu o aviso de que un home estaba supostamente agredindo a unha muller na rúa Lamas de Prado.

Segundo informou o Concello, os denunciantes explicaron que o home lle pegou na cara cun teléfono móbil e que, despois diso, ambas as persoas abandonaran o lugar en direccións opostas. Tras iso, aínda que a muller non puido ser localizada, os axentes conseguiron atopar ao home nunhas galerías comerciais na rúa A Xesta, onde comprobaron que presentaba síntomas de embriaguez e mostraba dificultades para manter o equilibrio.

O home asegurou que discutira cun amiga pero sen chegar á agresión física. Ante iso, a Policía Local procedeu a confeccionar o oportuno informe, á espera dunha posible denuncia da muller afectada.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...