InicioTerra CháCastro de ReiOs seis positivos de Castro de Rei farán corentena noutro edificio para...

Os seis positivos de Castro de Rei farán corentena noutro edificio para evitar contaxiar ó resto de temporeiros

O número de contaxios mantense logo de realizar PCR a todos os empregados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O seis temporeiros que deron positivo por COVID-19 en Castro de Rei están a pasar a enfermidade nun edificio distinto ao que compartían con outros traballadores e ao que se trasladaron, coa supervisión das autoridades sanitarias e os corpos de seguridade, tras coñecerse o seu resultado o pasado mércores.

O alcalde do municipio, Francisco Balado, explicou que agora se atopan noutro piso que tamén ten alugado a empresa para a que traballan e que a decisión do cambio tomouse para reducir os riscos de contaxio nun edificio no que convivían con outros temporeros que deran negativo.

A situación está “normalizada”, posto que o número de positivos segue sendo de seis, tras realizarse PCR a todo o persoal da empresa. Fontes da área sanitaria de Lugo indicaron este venres que se fixeron xa 315 probas por este brote. En concreto, estes traballadores contaxiados están nun inmoble no núcleo de Castro Ribeiras de Lea, onde seguen estando controlados polas autoridades sanitarias.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...