InicioSociedadeSon xa catro os contaxiados no foco familiar de Vilalba

Son xa catro os contaxiados no foco familiar de Vilalba

Sanidade informou de 4 contaxiados por COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro persoas foron diagnosticadas con COVID-19 na localidade lucense de Vilalba. Así o ratificaron a Europa Press fontes sanitarias, antes de engadir que, tras o diagnóstico destes casos, activáronse os protocolos correspondentes co fin de rastrexar e illar a aquelas persoas que puidesen manter un contacto estreito cos infectados.

‘El Progreso’, que avanzou a información, apunta que se trata dunha núlceo familiar que viven en domicilios distintos. Tamén indica que unha das hipóteses que se manexan é que o contaxio púidose producir nunha reunión familiar que se celebrou o primeiro fin de semana de xullo.

Pola súa banda, as fontes sanitarias consultadas por Europa Press ratificaron que está en estudo se se trata dun contaxio importado da Mariña, onde se rexistrou un brote que este xoves computa 140 casos activos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...