InicioSociedadeO rebrote fai aumentar os ingresos por coronavirus en Lugo

O rebrote fai aumentar os ingresos por coronavirus en Lugo

Os casos activos relacionados co foco do norte da provincia sitúanse en 121.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O rebrote de coronavirus da Mariña medra agora a menor ritmo en canto a casos activos detectados (+3, con 121 diagnósticos), pero aumenta o número de persoas ingresadas con COVID-19.  A Consellería de Sanidade anunciou este martes que o brote xa sumaría 131 positivos, dos cales dez recibiron a alta e non aparecen xa contabilizados no reconto oficial do Sergas.

Malia que o progresivo incremento dos casos arrefriou tras varias xornadas con aumentos significativos, o número de ingresados con Covid-19 no Hospital Público da Mariña ascende a seis pacientes. O Sergas concreta que catro persoas con resultado positivo “e relacionadas co brote” están hospitalizadas en Burela, ademais doutras dúas sobre as que “se investiga” a súa vinculación co foco. Habería que sumar outro doente que permanece hospitalizado no HULA, en Lugo.

Segundo expuxo este martes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tres municipios da Mariña –Burela, Foz e Xove-, dos catorce que compoñen a comarca, concentran 108 dos 121 casos activos polo brote de COVID-19. Os datos para a provincia sinalan que a área lucense ten 151 enfermos de coronavirus dos 256 que hai no conxunto galego.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...