InicioSociedadeA Xunta pecha A Mariña polo brote de coronavirus

A Xunta pecha A Mariña polo brote de coronavirus

A área de Lugo rexistra un aumento de 30 positivos nun só día, ata os 117.

PUBLICADA O

A Xunta de Galicia tomou a decisión de pechar durante cinco días a comarca da Mariña debido ao brote de COVID-19 rexistrado na zona, que segue sumando positivos. A medida entra en vigor ás 00,00 horas deste luns, 6 de xullo, e pretende evitar saídas de residentes da área a outros territorios e reducir a mobilidade interna.

- Advertisement -

Así llo comunicou este sábado en videoconferencia o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, aos alcaldes dos concellos afectados, informaron fontes dun destes municipios. A medida estará vixente ata o venres, dous días antes das eleccións autonómicas, convocadas para o domingo 12 de xullo.

Deste xeito, limitaranse os aforamentos e redúcense os horarios de apertura dos locais de hostalaría da comarca, que deberán pechar a medianoite durante este período.

O brote da Mariña, cuxa detección se deu a coñecer o 24 de xuño, foi casos e este sábado disparouse ata os 85, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade. A pesar do notable incremento de positivos, a maioría deles son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, de acordo coas mesmas fontes.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, indicou esta semana que a orixe do brote se sitúa en “dous ou tres bares” da zona do porto de Burela.

117 NA ÁREA SANITARIA DE LUGO
O número de casos activos de coronavirus en Galicia caeu ata os 258 este domingo, que son 21 menos que os rexistrados o sábado. Esta baixada débese á redución de positivos en todas as áreas sanitarias salvo na de Lugo (que inclúe a comarca da Mariña, onde hai un brote), na que houbo un aumento de 30 casos con respecto á xornada de onte, ata un total de 117.

Os datos facilitados pola Consellería de Sanidade indican que o total de pacientes positivos se reduciu en 21 respecto deste sábado, ao pasar de 279 a 258. Con todo, a área sanitaria de Lugo rexistra a tendencia inversa e segue acumulando novos casos activos. Este domingo computáronse un total de 117, o que supón que a cifra creceu en 30 persoas en 24 horas. Deste xeito, supera á área sanitaria de Vigo e sitúase como a zona con máis casos de Galicia.

Toda a información no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...