InicioPolíticaFeijóo propón en Lugo que o Goberno "rescate" Alcoa con parte do...

Feijóo propón en Lugo que o Goberno “rescate” Alcoa con parte do fondo de 10.000 millóns

Insiste en que ten constancia da existencia de posibles compradores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, lanzou desde Lugo unha proposta “explícita” ao Goberno central: ou unha tarifa “viable” da enerxía para as compañías electrointensivas ou que “parte” do fondo de 10.000 millóns de euros para empresas en dificultades que prevé aprobar este venres se destine a “rescatar” a factoría de Alcoa en San Cibrao.

E é que, segundo transcendeu, o Executivo central prevé levar ao Consello de Ministros a creación dun fondo de 10.000 millóns de euros para axudar a firmas problemas de solvencia. Este fondo de “rescate” dependerá da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), adscrita ao Ministerio de Facenda, e permitirá que o Estado entre de forma transitoria no capital de empresas privadas que presenten problemas de solvencia xerados pola crise tras a pandemia do COVID-19.

O PROBLEMA DA TARIFA

Durante un acto electoral do PPdeG sobre industria, no que estivo acompañado do conselleiro de Economía e candidato pola provincia de Lugo, Francisco Conde, Feijóo insistiu en que, se houbese un prezo “competitivo” da enerxía, daría “igual” que os “americanos” abandonasen a factoría de San Cibrao, xa que lle constan “contactos” de compradores interesados en adquirila.

Por iso, tras lembrar que a Xunta impulsará un plan galego que recoñece como sector “esencial e estratéxico” o da industria electrointensiva e propuxo tamén un plan nacional, volveu a pór o foco no Goberno central. “Se non dá resposta a unha tarifa viable, que dedique parte dese fondo de 10.000 millóns para que teña unha participación transitoria mentres non se regula a tarifa e pódese volver pór Alcoa ao servizo dos compradores”, retou.

Xa na pasada xornada, tras a reunión semanal do seu Goberno, Feijóo defendera que el estaría “de acordo” na “nacionalización” da factoría. Pero, iso si, instou o Executivo de Sánchez a que, se vai dar este paso, debe facelo “xa”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...