InicioMovementos sociaisA folga de Alcoa arrinca co 100% de seguimento

A folga de Alcoa arrinca co 100% de seguimento

A xornada de protesta empezou con barricadas nocturnas e a queima do cartel da multinacional á entrada da fábrica, así como co corte da vía de tren.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os obreiros de Alcoa San Cibrao celebran este mércores, primeiro de xullo, unha folga cun seguimiento do “100%” contra o despedimento colectivo na planta de aluminio, nunha xornada de protesta que comezou con barricadas nocturnas e a queima do cartel da multinacional á entrada da fábrica, así como co corte da vía de tren que discorre pola factoría co uso de pedras e troncos.

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, salienta o apoio total á folga dos persoais das fábricas de aluminio e alúmina, así como de auxiliares, á vez que agradece o apoio de establecementos da comarca coa peche das súas portas.

“Sabemos que nos apoian os comercios e autónomos e os empresarios da Mariña Lucense, incluídos os Concellos de Xove, Cervo e Viveiro que tamén puxeron día de folga para hoxe”, apunta. O goberno local viveirense fletou un autobús para a concentración que se celebrará este mércores en Santiago de Compostela.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...