InicioPolíticaO lucense Sergio Vázquez Torrón, novo secretario xeral de Infraestruturas

O lucense Sergio Vázquez Torrón, novo secretario xeral de Infraestruturas

O ministro Ábalos, cuxo gabinete dirixía Vázquez, foi quen propuxo o nomeamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello de Ministros aprobou a proposta do ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, de nomear como novo secretario xeral de Infraestruturas ao lugués Sergio Vázquez, quen actualmente exercía como director do seu Gabinete.

Vázquez, nacido en Lugo en 1975 e que relevará no cargo a Julián López Milla, é licenciado en Ciencias Económicas e máster en Produción e Xestión Audiovisual, ambas titulacións obtidas na Universidade da Coruña (UDC) .

O novo secretario xeral de Infraestruturas iniciou a súa carreira profesional como consultor especialista no sector audiovisual. Posteriormente, entre 2004 e 2007, ocupou o posto de coordinador da Secretaría de Economía e Emprego da Comisión Executiva Federal do PSOE.

Na IX Lexislatura foi asesor parlamentario da daquela ministra de Vivenda e director adxunto do gabinete do entón ministro de Fomento e portavoz do Goberno. Entre 2012 a 2016 volveu coordinar a área de Economía do PSOE e en maio de 2017 foi nomeado asesor do secretario xeral do partido.

Desde xuño 2018 viña exercendo como director de Gabinete do ministro de Fomento primeiro e, posteriormente, en xaneiro de 2020, do ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...