InicioSociedadeConfirmados dous focos de coronavirus na Mariña cun total de 18 positivos

Confirmados dous focos de coronavirus na Mariña cun total de 18 positivos

A Xunta, que rastrexou "máis de cen" contactos, incide en que aínda hai persoas á espera do resultado das probas e avalía se hai relación entre os dous núcleos de Covid-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou de que rastrexou “máis de cen persoas” ata o momento, todas relacionadas cos dous focos de coronavirus existentes na Mariña Lucense, en Xove e Burela. Por agora documéntanse un total de 18 positivos.

Destes dezaoito casos activos, alomenos once están directamente relacionados co brote localizado nun núcleo familiar de Xove, que deixou infectados en varios municipios da Mariña Lucense. Outros sete non teñen en principio relación directa, aínda que o Sergas estuda se hai unha conexión entre os dous focos.

“A Xunta de Galicia avalía a posibilidade de que os dous focos de coronavirus activos na comarca de A Mariña, o de Burela e o de Xove, estean relacionados entre sí, polo que segue a investigar todas as posibles relacións entre eles para determinar este feito”, sostén Sanidade nun comunicado.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...