InicioSociedadeO Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo carga contra o bono-regalo da...

O Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo carga contra o bono-regalo da Xunta

"A precariedade non se pode ocultar detrás dun bono", defenden profesionais deste sector e facultativos. Consideran que a iniciativa é "electoralista e populista".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os Colexios oficiais de Enfermaría da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, consideran “desacertado e inaceptable” o bono de 250 euros da Xunta para o persoal que estivo en primeira liña contra o coronavirus COVID-19, que cren unha “iniciativa populista e electoralista“.

A través dun comunicado de prensa conxunto, estas entidades colexiais mostraron o seu “malestar” ante a medida anunciada o pasado venres polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, consistente nun bono de 250 euros co que se “premiará” aos 20.000 sanitarios e traballadores sociais que estiveron na primeira liña de loita contra a pandemia do SARS-CoV-2.

“A precariedade laboral, a alta eventualidade e as reivindicacións dos sanitarios, non se poden ocultar detrás dun bono” porque “moitas enfermeiras/os e matronas buscan traballo noutras comunidades autónomas ou no estranxeiro, e iso non vai deixar de ocorrer porque a Xunta de Galicia convide a ir de vacacións”, sentencian.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...