InicioSociedadeA diocese de Lugo celebrará un funeral polos falecidos durante a pandemia

A diocese de Lugo celebrará un funeral polos falecidos durante a pandemia

A Catedral acollerá a misa, que estará presidida polo bispo e que seguirá as recomendacións sanitarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco, presidirá este mércores, día 18, unha misa funeral polo eterno descanso dos falecidos da diocese durante a pandemia de COVID-19.

Segundo informou o Bispado, a celebración será na Catedral de Lugo ás 19,00 horas e a ela asistirán sacerdotes das distintas zonas diocesanas e alcaldes da zona, así como outras autoridades civís.

A misa funeral realizarase respectando as condicións de ocupación impostas pola normativa vixente, así como as medidas sanitarias esixidas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...