InicioSociedadeCuarto día consecutivo sen mortes pola pandemia nos hospitais galegos

Cuarto día consecutivo sen mortes pola pandemia nos hospitais galegos

Os casos activos na área de Lugo baixan ata os 30 e xa se rozan as 900 curacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hospitais galegos non comunicaron este domingo, por cuarto día consecutivo esta semana, ningún falecemento vinculado coa pandemia do coronavirus. As dúas últimas mortes foron notificadas o martes e o mércores. En total, en Galicia o número de falecidos ligados co COVID-19 ascende a 618.

En canto á situación na área sanitaria de Lugo, os datos apuntan a que segue a tendencia á melloría. Este domingo 7 de xuño rexistrábanse 30 casos, tres menos ca onte, cun só paciente hospitalizado no HULA.

Na provincia os falecementos mantéñense en 28 e rózanse as 900 curacións.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...