InicioSociedadeLugo xa busca doantes de plasma entre os pacientes que superaron a...

Lugo xa busca doantes de plasma entre os pacientes que superaron a COVID-19

A pesar de que actualmente os contaxios son "anecdóticos", cómpre estar preparados ante un posible rebrote. Nese caso, serían de moita axuda as transfusións de plasma de persoas cun alto nivel de anticorpos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O director asistencial do Sergas en Lugo, o doutor Rafael Monte, informou de que o número de contaxios de COVID-19 é “anecdótico” desde “hai días ou mesmo semanas”, pero lembra que non se pode baixar a garda ante un posible rebrote da enfermidade. Neste sentido, o sistema de saúde xa se está preparando e en Lugo búscase a posibles doantes de plasma que superaran a enfermidade.

A selección efectúase cando os pacientes acoden a unha consulta de revisión no HULA para comprobar se o coronavirus lles deixou efectos secundarios. Comezouse “polos pacientes que estiveron hospitalizados”, porque foron os que presentaron cadros máis graves, e superaron xa a enfermidade.

Ademais de comprobar o seu estado de saúde, “o obxectivo” tamén é identificar a persoas con “un nivel de anticorpos suficiente para poder servir como doantes de plasma”, de forma que poidan ser utilizados “como anticorpos neutralizantes en casos graves se se produce un rebrote da enfermidade”.

A neurocientífica Sonia Villapol, natural da Pastoriza e agora en Houston, explicaba nunha entrevista no Lugo Xornal a potencialidade destas transfusións de plasma na loita contra a pandemia. “Son a grande esperanza. Este tratamento pode axudar a sacar os enfermos máis críticos da UCI e reducir o tempo de hospitalización”, dicía.

CASOS “ESPORÁDICOS”

Rafael Monte sinalou que nestes momentos os “casos son moi esporádicos” e que non se percibe “un contaxio comunitario”. Os novos positivos detectados débense a “unha maior capacidade diagnóstica en Atención Primaria” que permite realizar test con resultados en 24 horas a persoas que apenas presentan síntomas, segundo explicou o director asistencial.

Porén, a pesar desa boa tendencia, cómpre estar alerta porque ninguén pode asegurar “o que pode suceder dentro de dúas semanas” ou no outono. De feito, Monte precisa que as medidas de prevención aconselladas polas autoridades sanitarias “viñeron para quedar”.


“As transfusións de plasma son a grande esperanza. Poden axudar a sacar os enfermos máis críticos da UCI”

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...