InicioSociedadeUn paso por diante na investigación química e veterinaria

Un paso por diante na investigación química e veterinaria

Alumnos e investigadores do Campus Terra crean Biopher, un proxecto empresarial innovador centrado na comercialización de feromonas para mellorar o grao de benestar dos animais e tamén optimizar as súas producións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O potencial da comunicación química e as múltiples prestacións que poden reportar a identificación e posterior uso das feromonas está a converterse nunha liña de traballo de amplo espectro no Campus de Lugo, onde as investigacións xa desenvolvidas neste eido pola graduada en Veterinaria Paula Rodríguez Villamayor están a piques de ter saída nunha innovadora iniciativa empresarial centrada na comercialización de feromonas.

A idea de negocio proposta por Rodríguez Villamayor na última convocatoria do programa de emprendemento Argos foise desenvolvendo nos últimos meses como un proxecto dun equipo heteroxéneo no que traballan persoas de distintos eidos do saber. Amais de Paula,  tamén forman parte David Freije e Jesús Vivero, que están a cursar os graos en Enxeñaría Agrícola e Forestal e Relacións Laborais e Recursos Humanos, respectivamente, así como a estudante francesa do máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos Manon Blanquer.

Entre todos van armando as bases de Biopher, a futura empresa de comercialización de feromonas para mellorar o grao de benestar animal e optimizar as súas producións. Aínda que segue en fase preliminar, xa están a testar a súa viabilidade a través do contacto cos usuarios de produtos para as mascotas (cans, gatos e coellos) e cos profesionais gandeiros e veterinarios.

IMPORTANCIA DA BIOQUÍMICA

Un dos maiores retos do proxecto é a identificación ou caracterización das propias feromonas, unha tarefa que require un traballo puramente bioquímico e para o que a implantación do grao en Bioquímica na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo se antolla como un gran aliado, entende Rodríguez Villamayor. Alén dos usos xa apuntados, esta investigadora apuntou que o emprego das feromonas tamén presenta múltiples utilidades para a loita contra pragas ou, entre outros cometidos, para avanzar na loita contra a desaparición de animais e especies vexetais en perigo de extinción.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...