InicioSucesosDetido un mozo que superou os 200 km/h na súa "temeraria fuxida"...

Detido un mozo que superou os 200 km/h na súa “temeraria fuxida” da Policía en Lugo

Os axentes perdéranlle a pista tras perseguilo pola cidade, a autovía e concellos colindantes. O rapaz Chegou a exceder os 100 km/h en zona urbana e mesmo trazou rotondas pola esquerda. Tras unha investigación, foi finalmente localizado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron un condutor, de 23 anos e veciño da cidade sen antecedentes, por un delito contra a seguridade viaria e desobediencia tras conducir de forma temeraria. Chegou a circular a 100 quilómetros por hora en zona urbana e excedeu os 200 km/h cando fuxía das forzas de seguridade.

Así o informou a Policía Nacional, que relatou que os feitos ocorreron o pasado día 16 de maio cando os policías que patrullaban as zonas dos polígonos industriais para a prevención de roubos con forza, observaron un turismo, marca BMW, que circulaba polo polígono das Gándaras “sen respectar as normas de circulación”.

Ante este feito os axentes procederon a darlle o alto, coa activación das luces e sirena, ante o que o condutor fixo caso omiso e iniciou “unha fuxida temeraria” polas rúas da cidade. No seu percorrido pasou “sinais de STOP e semáforos en vermello, a máis de 100 quilómetros por hora na zona urbana e mesmo nas rotondas das rúas Serra de Meira e Adolfo Suárez”, as cales pasou “polo lado esquerdo”, segundo as mesmas fontes.

A continuación saíu en dirección á A-6 e mesmo “invadiu” na zona da Fervedoira o carril esquerdo en varias ocasións.  Na autovía alcanzou velocidades superiores aos 200 quilómetros por hora.

Ao saír na N-VI á altura do Corgo, “case leva por diante a unha patrulla da Garda Civil de Tráfico que o esperaba para interceptalo”. Finalmente perdérono de vista na zona rural da cidade.

INVESTIGACIÓN

Ante estes feitos, manifestou a Policía, procedeuse a iniciar unha investigación sobre a titularidade do vehículo, que estaba a nome dun veciño de Cospeito. Este manifestou que o vendeu ao agora detido.

Finalmente o individuo que conducía foi localizado xunto co vehículo na tarde do pasado venres, na zona de Fontiñas. Tras iso, procedeuse á súa detención e posta a disposición xudicial, xunto con todo o actuado.

ÚLTIMAS

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...