InicioSociedadeVolven os mércores de Castro cunha feira a medio gas

Volven os mércores de Castro cunha feira a medio gas

Os mercados de produtos agropecuarios buscan a normalidade, aínda que de momento con algunhas restricións. Vilalba, Monforte ou Ribadeo son outras das localidades que van recuperando esta actividade, de cuxo funcionamento depende a "economía de miles de familias", segundo o Sindicato Labrego Galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | As feiras e mercados de produtos agropecuarios van recuperando aos poucos a súa actividade, sempre pendentes das restricións do estado de alarma, que limita o número de postos e a afluencia de xente. Unha das citas máis agardadas era este primeiro mércores de Castro.

A feira de Castro Ribeiras de Lea, que se celebra semanalmente neste núcleo do concello de Castro de Rei, recuperaba vida e actividade este mércores. O rexedor local, Francisco Balado, sinalou que se instalaron algo máis dunha vintena de postos, a maioría de produtos agropecuarios. O mercado funcionou “a un vinte por cento do que é habitual”, pero con máis ánimo ca na xornada inicial despois do confinamento.

CAMBIOS PARA GARANTIR A SEGURIDADE

Este progresivo regreso á normalidade é un camiño que se vai emprendendo tamén noutras localidades da provincia. Na Mariña, por exemplo, tamén retomou a actividade o mercado de Ribadeo, aínda que o fixo nunha nova localización para dispoñer dun espazo máis amplo. Iso si, tan só había 21 postos de produtos agroalimentarios, cando habitualmente hai 28.

O alcalde, Fernando Suárez, precisou que o cambio de localización do mercado —agora no aparcamento municipal— non obedece a “un capricho”, senón que responde á necesidade de dispoñer de maior espazo para cumprir “con todas as esixencias e normativas legais ditadas polo Estado”.

SUSTENTO ECONÓMICO DE “MILES DE FAMILIAS”

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou, con todo, que en “moitos municipios non se está facendo nada” para volver poñer en marcha os mercados tradicionais de produtos agropecuarios, de cuxo funcionamento depende “a economía de miles de familias” que se dedican á agricultura.

A organización referíase concretamente ao concello de Vilalba, cuxo tenente de alcalde vén de confirmar que este venres se recuperará o tradicional mercado. Tamén Monforte fixo o propio en días pasados.

O sindicato lembra que a reapertura deses espazos supón por parte dos concellos “contactar cos produtores” que habitualmente montaban posto nos seus mercados, así como “informalos dos protocolos que teñen que cumprir para desenvolver a súa actividade con total garantía” e “velar polo cumprimento dos mesmos”.

“Agora son os concellos os responsables de poñer en marcha os mercados alimentarios da súa competencia, coas garantías sanitarias e os protocolos que impón a emerxencia sanitaria”, engade o sindicato.

ÚLTIMAS

A Xunta anuncia 1.200 vivendas públicas en 22 bloques no residencial do Sagrado Corazón de Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este luns...

A crítica edil María Reigosa apoiará os orzamentos de Lugo “por responsabilidade”

A concelleira de Lugo María Reigosa, que pediu recentemente a baixa do PSOE, resolveu...

Cortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a Deputación

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

A subdelegada do Goberno participa nunha sesión formativa de “A Administración Cerca de Ti”

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, participou nunha sesión formativa do programa...