InicioSucesosLocalizada en bo estado unha muller desaparecida no 2016 en Lugo

Localizada en bo estado unha muller desaparecida no 2016 en Lugo

"Chamáronme e dixéronme que estaba ben, pero non me deron máis información", confirman os seus familiares, que cren que pode estar influenciada por algún movemento "das ciencias ocultas e da meditación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lorena Piteira Espinosa, que residía habitualmente na Coruña, desaparecera en novembro de 2016 en Lugo e, desde entón, aínda que se detectaron algúns movementos posibles vinculados con ela, non se localizou. Porén, familiares seus confirmaron a Europa Press que a última hora de onte, 5 de maio, recibiron unha chamada na que se avisaba de fora localizada.

“Chamáronme, dixéronme que estaba ben. Pero non me deron máis información, dixéronme que me dirían algo máis esta semana”, explicou a Europa Press un familiar da muller, de 47 anos. Este familiar indicou que non puideron falar polo momento e que o contacto telefónico coa Policía fora “moi conciso”.

Malia que a desaparición foi denunciada o 1 de novembro do 2016, sóubose dalgún movemento relacionado a ela en Santiago de Compostela e Camariñas no 2018. Segundo a ficha da Policía Nacional, os seus familiares cren que pode estar influenciada por algún “movemento simpatizante das ciencias ocultas e da meditación”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...