InicioEconomíaPagar agora e consumir máis adiante: unha iniciativa para inxectar liquidez nos...

Pagar agora e consumir máis adiante: unha iniciativa para inxectar liquidez nos comercios de Lugo

Unha plataforma online permitirá que os lucenses adquiran bonos para trocar nos establecementos da capital luguesa cando estes reabran as súas portas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e a Federación de Comercio presentaron este mércores a campaña ‘Cos de sempre’, mediante a cal se creará unha plataforma de compras en Internet na que os lucenses poderán adquirir bonos agora para consumir nos comercios e locais hostaleiros da cidade unha vez se retome a actividade.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explicou esta mañá nunha roda de prensa telemática o funcionamento desta web, baixo o nome de ‘Abrindo Lugo’. Segundo dixo, os bonos poderán comprarse a partir deste mércores. “Imos pagar agora e comprar unha vez reabran os comercios e restaurantes”, especificou. Sería unha maneira, din, de “dar liquidez” aos negocios da cidade e de “implicar a todos os veciños”.

COMO FUNCIONA A PLATAFORMA?

O funcionamento da plataforma será sinxelo. “Buscamos simplificar todos os procedementos nunha web onde poderán ver a listaxe de establecementos que se queiran sumar”, sinalou a alcaldesa de Lugo. Os usuarios terán que escoller o establecemento onde querer gastar os bonos e a cantidade para obter o beneficio futuro.

Así mesmo, dentro da web habilitarase tamén unha opción denominada ‘Tícket solidario’, que permitirá a toda a cidadanía facer unha aportación voluntaria ao comercio e á hostalaría lucense. Os fondos que se recaden a través deste recurso benéfico serán repartidos proporcionalmente entre os diferentes establecementos adheridos á iniciativa.

O presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, comentou que “lle parece unha boa iniciativa” porque necesitan todo tipo de axudas para poder subsistir nun momento tan complicado. “O mellor é que a xente se conciencie de que a mellor axuda é a de todos os veciños“, concluíu.

Pola súa banda, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría comentou que “lle parece unha iniciativa magnífica que dará liquidez aos negocios”, á vez que agradeceu ao Concello de Lugo a “posta en marcha” desta plataforma.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...