InicioSociedadeUnha mensaxe de voz destapa un presunto delito de violencia de xénero...

Unha mensaxe de voz destapa un presunto delito de violencia de xénero en Lugo

Axentes de Policía desprazáronse ata o lugar dos feitos tras ser alertados por unha tía da vítima. Atoparon a muller cun "hematoma no pescozo e unha manga do pixama rota".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron, xunto á Policía Nacional, a un home de 39 anos de nacionalidade paraguaia como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Foi unha familiar da vítima quen alertou os axentes, tras recibir un audio dunha sobriña súa no que “se evidenciaba que podía estar a ser vítima dun delito de violencia de xénero”.

Así, organizouse un operativo conxunto entre a Policía Local e Nacional, de maneira que se trasladaron ao domicilio da vítima tres dotacións policiais. Os axentes foron recibidos por unha moza de 32 anos que presentaba “un hematoma no pescozo e unha manga do pixama rota”, subliñaron as mesmas fontes. A muller mostraba “signos evidentes de estar atemorizada” e resistiuse a “manifestar claramente o que sucedera con evasivas e certas incoherencias”.

Mentres tanto, outro axente trasladouse ata o domicilio da alertante co fin de solicitar o audio que dera orixe á intervención, co que se comprobou que a muller “probablemente estaba a ser agredida pola súa parella”.

Por iso, os axentes procederon á detención do presunto agresor, que foi trasladado a un centro médico de acordo co protocolo para estes casos e, posteriormente, quedou nos calabozos da Policía Nacional para a súa posta a disposición xudicial.

A vítima, pola súa banda, foi levada noutro vehículo policial para ser recoñecida por un facultativo. A Policía Local puntualizou que nese momento a moza non presentou denuncia e foi informada de que “debería facelo canto antes”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...