InicioSucesosOnce persoas celebraban unha festa na zona do Rato, en Lugo, pese...

Once persoas celebraban unha festa na zona do Rato, en Lugo, pese ao estado de alarma

Todos foron sancionados, pero tres deles tamén foron detidos ao ser reincidentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron o mércores a tres homes con idades comprendidas entre os 24 e 40 anos, por celebrar unha festa nun predio dunha casa de Lugo pese ao estado de alarma. Estes individuos xa foran sancionados pola mañá.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste mércores. A tarvés dunha chamada á sala do 091 da Comisaría Provincial, alertaron de que se estaba a celebrar “unha festa ou reunión lúdico festiva” no Paseo do Rato.

Por ese motivo, presentáronse no lugar varias dotacións policiais, que comprobaron que había “11 persoas celebrando unha festa na zona exterior da vivenda”, polo que os axentes procederon a denunciar a todos eles por incumprimento da orde decretada no estado de alarma imposto desde o pasado día 14.

Como tres dos identificados xa foran advertidos e denunciados polo incumprimento no mesmo día, procedeuse á súa detención por un delito de desobediencia. De todo iso informou a Policía Nacional ao xulgado de garda, xunto coas actuacións practicadas.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...