InicioSociedadeDetido un lucense por violencia de xénero tras agarrar polo pescozo á...

Detido un lucense por violencia de xénero tras agarrar polo pescozo á súa parella e golpeala

Unha veciña alertou ao 092 dos berros dunha muller nunha vivenda da Avenida das Fontiñas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un veciño da cidade por un delito de violencia de xénero ao agarrar polo pescozo á súa parella e darlle un golpe na mandíbula.

Segundo informou a Policía Local, o arresto produciuse sobre as 13:50 horas do pasado 17 de marzo. Os feitos sucederon cando unha veciña dun inmoble da Avenida de Fontiñas alertou ao 092 de que escoitara berros dunha muller nunha vivenda do edificio.

Os axentes acudiron ao lugar e desde as zonas comúns escoitaron as voces dunha parella que discutía. Por iso, accederon ao interior dunha vivenda, onde unha muller denunciou que a súa parella a agarrara polo pescozo e lle propinara un golpe na mandíbula. Pola súa banda, o home alegou aos axentes que fora ameazado pola súa parella cun coitelo.

Finalmente, os policías procederon á detención do home e ao seu traslado a dependencias policiais para a instrución de dilixencias para o xulgado competente. Mentres, a vítima foi levada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo para recibir atención médica.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...