InicioSociedadeAs persoas afectadas por coronavirus suman 135 e rexístrase a primeira morte...

As persoas afectadas por coronavirus suman 135 e rexístrase a primeira morte en Galicia

A paciente falecida é unha muller de 92 anos de Vigo con patoloxía múltiple. En Lugo os casos confirmados son un total de sete.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dez días despois da detección na autonomía do primeiro caso de infección por coronavirus, a Consellería de Sanidade informou este sábado do primeiro falecemento en Galicia dunha persoa con coronavirus, unha muller de 92 anos con múltiples patoloxías previas que se atopaba ingresada en Povisa.

Así o confirmou este sábado o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que precisou que o falecemento se produciu este sábado e que enviou un “abrazo” e o pésame á familia da muller.

Segundo concretou, a paciente falecida con coronavirus é unha muller de 92 anos con patoloxía múltiple que deu positivo á proba de Covid-19 e que se atopaba ingresada no Hospital Povisa. Trátase dun caso importado.

No conxunto de Galicia, o número de casos confirmados de coronavirus ascende a 135, 20 máis que no último balance da Xunta. Deles, 55 están na área da Coruña onde, ademais doutros casos, se rexistraron varios vinculados ao centro cívico de Feáns, pechado preventivamente en canto detectáronse. Así mesmo, 23 están na área de Vigo, 17 na de Santiago, 15 na de Ourense, 13 en Pontevedra, sete en Lugo e cinco na área sanitaria de Ferrol.

Máis información en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...