Home Lugo e contorna Lugo Así fican os parques de Lugo ante o coronavirus: precintados e baleiros

Así fican os parques de Lugo ante o coronavirus: precintados e baleiros

0
Así fican os parques de Lugo ante o coronavirus: precintados e baleiros
Parque infantil de Lugo precintado como medida de prevención do coronavirus | ALX

Entre as medidas adoptadas polo Concello de Lugo para frear a propagación do coronavirus, decidiuse pechar todos os parques municipais dende a tarde deste venres.

Así, todos os parques infantís e biosaludables permanecen precintados para impedir o paso. Ademais, co obxectivo de frear os contaxios, o Concello tamén decidiu reforzar a limpeza das rúas, mobiliario urbano, paradas de autobuses… con produtos especiais para hixienizar.

Así e todo, a alcaldesa pide á cidadanía que manteña a calma ante a situación e pide que se actúe con responsabilidade. “Todos e todas o temos que facer, administracións e veciñanza. Frear esta situación debe ser un traballo en equipo. Debemos adoptar as medidas de hixiene e atender ás indicacións das autoridades sanitarias”, sostivo.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here