InicioSociedadeUn axente declara que o presunto parricida de Monterroso confesou ter matado...

Un axente declara que o presunto parricida de Monterroso confesou ter matado a golpes a seu pai

Continúa o xuízo do crime de Esporiz (Monterroso), no que un home está acusado de matar o seu pai enfermo a golpes. A defensa alega morte accidental. "Estaba bastante bebido" e "non pode lembrar se lle deu unha patada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un axente da Garda Civil declarou no xuízo que o acusado do parricidio ocorrido en Monterroso confesou que matara ao seu pai “a golpes”.

Este xoves retomouse na Audiencia Provincial de Lugo o xuízo con xurado contra o presunto parricida de Monterroso. A Fiscalía pide para el 20 anos de prisión e 21 de afastamento do seu fillo, que presenciara o sucedido con tan só catro anos.

Na xornada deste xoves, prestaron declaración varias testemuñas, entre eles un axente da Garda Civil que acudiu á vivenda de Esporiz o día dos feitos. Segundo asegurou, cando chegou á casa atopou o procesado sentado nun sofá, dende onde espetou aos axentes: “Matei o meu pai a golpes”.

Tamén manifestou que descubriran o pai do acusado “tombado e con feridas múltiples” e con “hematomas na cara”, recollidas no informe fotográfico realizado polos axentes na madrugada do 19 de marzo de 2018.

A DEFENSA ALEGA MORTE ACCIDENTAL

O avogado do presunto parricida, César Lodos, asegurou que despois de dous días de vista oral “está a demostrarse a inocencia de P.L.L.”. Insistiu nun “desgraciado accidente” que supostamente sufriu a vítima esa noite “ao caer”.

“Quedou demostrado que caía habitualmente, que tiña lesións antigas de caídas. As persoas máis achegadas a eles confírmano. E tamén o van confirmar hoxe os forenses”, subliñou.

Así, Lodos insistiu na “inocencia” do seu cliente, polo que instará á “libre absolución”, aínda que apuntou que, “no peor dos casos”, se se considera probado que P.L.L lle propinara unha patada á vítima, debería ser xulgado por unhas “lesións por imprudencia”, no canto de homicidio. “Entendo que non se pode causar a morte por unha simple patada”, engadiu. “Naquel momento estaba bastante bebido” e “non pode lembrar se lle deu unha patada”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...