InicioCulturaCastroverde renderalle homenaxe á guerrilleira antifranquista Enriqueta Otero

Castroverde renderalle homenaxe á guerrilleira antifranquista Enriqueta Otero

A 'Ribona de Miranda', mestra republicana, será lembrada polos seus veciños e veciñas o vindeiro 8 de marzo, Día da Muller.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A veciñanza de Castroverde prepáralle unha homenaxe a Enriqueta Otero, guerrilleira antifranquista nada na parroquia de Miranda aló polo ano 1910. O vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, están previstas actividades durante toda a mañá para honrar a memoria da Ribona

Diferentes entidades, asociacións e colectivos de Castroverde colaborarán no acto de homenaxe, que comezará ás 10.30 horas na praza do Concello. Nese recoñecemento á mestra republicana, terán cabida expresións artísticas da man de Paco Pestana e Xosé Darriba. Pestana levará ao CPIP de Castroverde a súa exposición ‘Mírame: enferma de amor e prosa’, inspirada na propia Enriqueta Otero; mentres que Darriba presentará unha escultura na honra da guerrilleira.

Ademais, prevese unha visita á escola de Cellán para lembrar o ideario educativo defendido pola Ribonaque puxera en marcha unha “universidade popular” co seu proxecto O Carriño. Máis tarde, as persoas participantes desprazaranse ata Miranda para coñecer a casa na que morou Enriqueta Otero. Haberá, así mesmo, unha ofrenda floral a carón da súa sepultura.

Neste acto de homenaxe colaboran o propio Concello de Castroverde, o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, o CPI Castroverde, Amigos do Patrimonio de Castroverde, A Chave das Noces, A.C. O Forno da Vella, e bandas de música como Trasdalomba ou Zuncurrundullo. Tamén están implicados particulares como Paco Pestana, Ricardo Polín, Xosé Darriba, Xulio Xiz ou Xesús Mato.

ÚLTIMAS

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...

Café Candelas obtén visto e prace ambiental para construír unha planta que aglutinará todo o proceso produtivo en Lugo

Café Candelas obtivo o visto e prace da Xunta desde o punto de vista ambiental para...