InicioSociedadeCasa Macán nega "risco alimentario" nos seus produtos e reduce a situación...

Casa Macán nega “risco alimentario” nos seus produtos e reduce a situación a un “problema de etiquetaxe”

Sanidade ordenou retirar do mercado todos os lácteos desta empresa logo de detectar "graves incumprimentos" que poñen en dúbida a seguridade do produto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade lanzaba esta mañá unha alerta sanitaria que afectaba aos produtos da empresa lucense Lácteos Casa Macán. “Graves incumprimentos nas condicións estruturais de limpeza e mantemento” nas instalacións provocaron a retirada do mercado de todos os produtos desta compañía, así como a suspensión da súa actividade. Porén, a postura de Casa Macán é de “sorpresa”, pois aseguran que “non hai ningún risco alimentario”.

Sanidade informaba que esta situación se debía a problemas “operacionais ou de hixiene dos procesos”, algo que impide garantir a inocuidade dos ingredientes.  Súmanselle a iso “temperaturas inadecuadas”, a falta de protección dos produtos ante focos de contaminación e a “ausencia de garantías de rastrexabilidade de procesos”.

POSTURA DE CASA MACÁN

En cambio, o director xeral de Casa Macán, Eladio Rigueira, mostrou a súa “sorpresa” por que as autoridades sanitarias ordenasen a retirada dos seus produtos, así como a paralización da produción, xa que “non hai ningún risco alimentario”. Rigueira reduce a situación a un problema “de etiquetaxe”.

En declaracións a Europa Press, Rigueira asegura que “non hai ningún produto contaminado” e esta alerta sanitaria “non ten pés nin cabeza”.  Sostén que a situación fai un “dano terrible e incalculable” a unha “pequena empresa”. Con todo, recoñece que hai “un problema estrutural”, “pero non para crear unha alarma sanitaria”

Explica que a inspección foi realizada a pasada semana, mentres que a paralización se decretou o luns debido a que “varios lotes foron sen contraetiqueta dos produtos da denominación de orixe”. De feito, sostén que a propia empresa avisou do que considera un “erro humano” á axencia de calidade alimentaria.

Ademais, avanza que poderá recuperar a produción de forma “inmediata” nos próximos días. Tamén agradece a reacción “completamente distinta” do seu “principal cliente” ante esta situación.

PROHIBICIÓN

A prohibición afecta a todos os lotes de produtos desta compañía, como a manteiga cocida de vaca, os queixos das DO Arzúa Ulloa, tetilla,  Arzúa Ulloa curado, queixo de barra Costeño e queixo galego en rebandas.

A Consellería de Sanidade recomenda aos cidadáns que teñan estes produtos que non os consuman e que os devolvan aos puntos de compra. Estes lácteos foron distribuídos en Galicia, Cataluña e Castela A Mancha.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...