InicioSociedadeDetido por agredir sexualmente unha muller á que coñeceu mentres estaba de...

Detido por agredir sexualmente unha muller á que coñeceu mentres estaba de copas polo centro de Lugo

O home, de 45 anos, comezou a tocar a vítima sen o seu consentimento. Dúas testemuñas corroborraron os feitos e axudaron a identificar o agresor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de corenta e cinco anos foi detido este fin de semana en Lugo como autor dun delito de agresión sexual.

Segundo información da Policía Nacional, os feitos ocorreron na zona de lecer do centro da cidade, onde a vítima coñeceu o agora detido. Unha e outro “compartiron conversa e consumicións” e mesmo saíron xuntos dun dos locais nos que estiveran. Nese momento, o home comezou a tocala sen o seu consentimento.

Así pois, a agredida solicitou axuda desde o 112 e trasladouse aviso á Policía Nacional a través do 091. Varios axentes de Radiopatrullas achegáronse ao lugar para comprobar os feitos, que foron corroborados por dúas testemuñas.

Segundo fontes policiais, estas testemuñas puideron identificar o autor da agresión no interior dun dos locais de copas, polo que os axentes procederon á súa detención e traslado a dependencias policiais. Espérase que o detido pase a disposición xudicial no día de hoxe.

Pola súa parte, a vítima foi asistida polos servizos sanitarios segundo o protocolo previsto nestes casos.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...