InicioSociedadeA Unión Federal de Policía ve "un desprezo máis" o traslado da...

A Unión Federal de Policía ve “un desprezo máis” o traslado da sala do 091 de Lugo á Coruña

O secretario deste sindicato policial considera que esta medida "non vai ser efectiva": "Haberá momentos en que ese operador da Coruña non saiba concretar a rúa onde se produzan os feitos", lamentan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UFP), Miguel González, expresou que o traslado da sala do 091 de Lugo á Coruña é “un desprezo máis” da Dirección Xeral de Policía cara á cidade.

González asegurou “non” entender “os experimentos da Dirección Xeral da Policía, onde as comisarías de Lugo, Monforte e Viveiro pasan a depender, en canto a este servizo, da Coruña”. A continuación, deixou claro que esta medida “non é efectiva” para o motivo que se alega como xustificación, que é a de “querer pór máis axentes na rúa”.

González puntualizou que se trata dun “erro máis, porque haberá momentos en que ese operador da Coruña non saiba concretar a rúa onde se produzan os feitos“. “A criterio da UFP estes experimentos deberían probarse noutros sitios, non soamente en Galicia porque, desde logo, non vai ser unha medida efectiva”, lamentou.

“MALTRATO CONTINUO” Á CIDADE

O responsable deste sindicato policial en Galicia incidiu en que “se volve a maltratar á cidade de Lugo”. “Chócame que se maltrate permanentemente á cidade. Hai uns días saía o concurso de méritos, que son prazas para ocupar vacantes en Lugo, Viveiro e Monforte e é de risa porque son só dúas prazas de policía para Lugo. É de traca, por parte da dirección xeral e dos políticos que nos representan a Lugo e a Galicia. Só acoden a Lugo cando son as festas patronais“, recriminou.

Pola súa parte, a comisaría da capital da provincia conta con 170 axentes, pero González pon de manifesto que serían precisos outros 60 axentes máis ata completar un persoal de 230.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...