InicioSucesosUn home agride un condutor de bus en Lugo tras pedirlle o...

Un home agride un condutor de bus en Lugo tras pedirlle o desaloxo do vehículo por un suposto atentado

O individuo foi trasladado ao HULA e ingresou no Servizo de Psiquiatría para valoración.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home duns 45 anos de idade foi ingresado na Unidade de Psiquiatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) tras un episodio de “desorde” pública. O home interrompeu o tráfico tirado na calzada e agrediu o condutor dun autobús, ao que lle pedira que desaloxase o vehículo por tratarse dun ataque terrorista.

Así o informou a Policía Nacional, que recibiu aaviso para acudir á Avenida das Américas na mañá deste xoves 6 de febreiro. Alí comprobaron que había un home “tirado no chan, no medio da calzada”. Varios transeúntes manifestaron que estivera parando o tráfico, segundo engadiron fontes policiais.

Como non estaba en disposición de colaborar cos policías nin quería ser asistido por unha dotación de servizos médicos, os axentes pedíronlle que os acompañase ao HULA, en cuxo Servizo de Psiquiatría foi ingresado para valoración.

AGRESIÓN

Durante o traxecto ao HULA, o individuo díxolles aos axentes que tivera unha discusión cun “autobusero” e que remataron por pegarse. A Policía comprobou que, efectivamente, fora presentada unha denuncia por un empregado dos autobuses urbanos, que referira ser agredido por un home durante a quenda da mañá.

O condutor denunciante relatou que, no transcurso da súa liña habitual, un home dirixírase a el para instalo a parar o vehículo. Pedíalle que desaloxase os 40 pasaxeiros que ían no autobús, ao tempo que aseguraba que se trataba dun ataque terrorista. Ante a insistencia do individuo, o condutor advertiulle que informaría as forzas e corpos de seguridade do sucedido. Detivo o autocar, abriu a porta dianteira e mandoulle baixar.

Segundo explican fontes policiais, foi nese momento cando o home comezou a golpear o condutor, ao que causou diversas lesións leves. Finalmente, baixou do autobús.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...