Aínda que o mundo siga xirando, aínda que a súa contorna vaia cambiando, elas sempre prevalecen, alí, ao pé da súa vivenda, esperando por aquel que pare en busca dunha atención cálida e dun produto de calidade. Son mulleres que levan toda unha vida ao coidado das súas casas e da súa horta. Cada mañá, preparan un postiño de madeira con mel e grelos que acaban de recoller e colócanse diante da casa, ao carón da estrada.