InicioSociedadeSuba "espectacular" do número de visitantes á provincia de Lugo

Suba “espectacular” do número de visitantes á provincia de Lugo

Galicia logra unha marca histórica de 5,1 millóns de viaxeiros e sitúase á cabeza de crecemento turístico de España.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia superou os 5,1 millóns de visitantes en 2019, o que pecha unha década de “marcas” neste ámbito e sitúa o país á cabeza de crecemento de España. Dentro da comunidade, a provincia de Lugo lidera o aumento de turistas.

Os datos foron avanzados na cidade polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, durante a presentación do balance turístico en Galicia. Rodríguez tomou como referencia os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) para salientar o crecemento de visitantes na nosa comunidade.

Segundo informou, Lugo medrou un 13% en viaxeiros (máis de 785.000), unha suba “espectacular”, mentres que as estancias nocturnas se incrementaron nun 12,5% (máis de 1.440.000).

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...