InicioSociedadeO PP reclama un plan para eliminar os "tapóns urbanísticos" en distintos...

O PP reclama un plan para eliminar os “tapóns urbanísticos” en distintos barrios de Lugo

Critican que os gobernos socialistas "apenas avanzasen" na supresión destes atrancos do tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo reclamou este luns un plan para eliminar os “tapóns urbanísticos” en distintos barrios cidade e “evitar que estes atrancos en vía pública se eternicen no tempo”.

Nun comunicado remitido aos medios, o portavoz do Grupo Popular de Lugo, Antonio Ameijide, asegurou que detectou “ata unha vintena de tapóns urbanísticos” durante un “recoñecemento” realizado en diferentes zonas da cidade.

“Moito nos tememos que, de non aceptar a nosa petición, seguirémolos sufrindo durante moitos anos“, manifestou o portavoz popular, que criticou que nas últimas dúas décadas “apenas se avanzou na supresión destes embudes urbanísticos”. Sinalan que, se nese tempo o PSOE “se molestase en eliminar tan só un por ano, hoxe non quedaría ningún”, asegurou o popular, que pediu a elaboración dun censo no que se dean prioridade “ás actuacións en casos nos que hai perigo para os cidadáns”.

O portavoz popular recoñece que “é imposible” eliminalos todos “de golpe“, tanto pola complexidade administrativa como pola carga económica. “En calquera caso é necesario afrontar o asunto sen máis demora para que se supriman no menor tempo posible”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...