InicioSucesosDous homes de Lugo chegan ás mans a raíz dos excrementos que...

Dous homes de Lugo chegan ás mans a raíz dos excrementos que depositou un can na rúa

Un dos individuos circulaba en coche pola Avenida da Coruña, pero baixou do vehículo para recriminarlle ao propietario do can que a zona estaba chea de feces. Ambos homes foron detidos logo de agredirse con diferentes obxectos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous veciños lucenses, de 56 e 64 anos de idade, protagonizaron unha forte discusión ocasionada polos excrementos que depositou o can dun deles nunha rúa de Lugo. Os homes foron detidos pola Policía Nacional tras agredirse en plena vía pública.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado martes á última hora da tarde. O propietario do can, que paseaba pola zona alta da Avenida da Coruña viuse sorprendido polo outro home, que se apeou dun vehículo para recriminarlle que a zona estaba chea de feces do can.

Logo dunhas palabras, o home que chegara en coche colleu un obxecto do interior do vehículo —”unha barra ou pau”— e comezou a agredir con el ao propietario do can. Á súa vez, este tamén propinaba golpes coa correa do cadelo.

Así, acudiu ao lugar unha dotación de Radiopatrullas. Tamén foi precisa a axuda sanitaria, xa que un dos individuos implicados presentaba unha ferida nunha orella. Mesmo recibiu puntos de sutura. O outro home levara diferentes golpes no brazo e sufrira unha rotura dos ósos do nariz.

Ambos homes foron detidos por un delito de lesións graves. De todo iso informouse ao xulgado de garda. Os arrestados quedaron en liberdade á espera de ser citados pola autoridade xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro denuncia a “compravenda vergoñenta” do goberno local de Lugo: “os veciños farán pagar ao PP”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que os veciños de...

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Nova edición do curso de música medieval organizado pola Vicepresidencia da Deputación

Corenta persoas de distintos puntos do Estado e doutros países - Portugal, Italia e...