Home Cultura A serie ‘Premios Darwin’ trae a Lugo unha mestura entre humor e morte

A serie ‘Premios Darwin’ trae a Lugo unha mestura entre humor e morte

0
A serie ‘Premios Darwin’ trae a Lugo unha mestura entre humor e morte
Fotograma de 'Premios Darwin', a serie creada por Carmen Conde | Tarabela Creativa

A serie ‘Premios Darwin‘ fai un repaso polas mortes máis absurdas do país. E este sábado, primeiro de febreiro, chega a terras lucenses. A sala Codex Cinema acolle a presentación desta serie, que ameaza con facer rir a cachón.

Son tres capítulos escritos a partir de historias reais que chegaron a oídos da guionista, Carmen Conde. “Hai algunhas tremendas!”, contaba ela nunha entrevista a Lugo Xornal. “Un humor que ten que ver coa morte é moi noso. Rendémoslle un culto especial, naturalizámola moito…. Somos xente así!”

A serie, creada ao abeiro de Tarabela Creativa, foi seleccionada nos XVIII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Toca agardar para saber se finalmente é candidata a un galardón pero, mentres tanto, este sábado 1 de febreiro, ás 22:15 horas, as lucenses poderán pasalo de morte…

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here