InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigan unha muller por un incendio forestal debido ao escape dunha queima...

Investigan unha muller por un incendio forestal debido ao escape dunha queima nas Nogais

O lume rexistrouse o pasado 7 de xaneiro na parroquia de Noceda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, esclareceron un incendio rexistrado no municipio das Nogais debido a un escape de queima, polo que lle tomaron declaración como investigada a unha muller.

Segundo informou a Xunta nun comunicado de prensa, efectivos da Policía Autonómica da Xefatura de Lugo, en colaboración con axentes forestais do Distrito VII A Fonsagrada-Os Ancares, procederon a tomar declaración como investigada a unha muller, como presunta autora dun incendio forestal rexistrado o pasado 7 de xaneiro no lugar de San Xoán, na parroquia de Noceda.

Neste caso, explicaron as mesmas fontes, o incendio debeuse ao escape dunha queima que a investigada realizaba “sen as oportunas precaucións”, concretou a Xunta. Por estes feitos foron instruídas dilixencias, remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia de Becerreá.

Na campaña actual contra os incendios forestais de 2020 foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica dúas persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...