InicioSociedadeAsí é o primeiro autobús híbrido do Concello de Lugo

Así é o primeiro autobús híbrido do Concello de Lugo

O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, adiantou que se está a traballar para "acoutar" a presenza de vehículos contaminantes no casco histórico. Con todo, segundo deixou entrever, esa medida non se aplicará este ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo dispón desde este mércores do “primeiro autobús híbrido” dentro dunha frota total de 23 autocares urbanos que operan na cidade.

O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, puntualizou que este vehículo “forma parte desa renovación dos buses que fai o Concello de Lugo cando cumpren dez anos”.

Respecto das particularidades do autobús, Arroxo puntualizou que conta con 28 asentos e 48 prazas de pé, ademais de dúas ramplas para minusválidos.  O autocar cubrirá o traxecto da actual liña seis (Montirón-A Cheda) e as súas características contribuirán a reducir a contaminación e o consumo de combustibles fósiles.

O primeiro tenente de alcalde tamén aproveitou para “animar a xente a que colla o transporte público”. “Cada vez que se colle o transporte público minórase o uso de vehículos privados, e por tanto, redúcese moito a contaminación”, subliñou.

ACCESO RESTRINXIDO NA ROLDA DA MURALLA

Por outra banda, adiantou que se traballa para “acoutar” a presenza de vehículos contaminantes no centro histórico da cidade e na Rolda da Muralla, aínda que xa deixou entrever que non se aplicará este ano.

“Sabemos que hai unha directriz europea que vai marcar iso, e Lugo vai ter que irse adaptando a todas esas medidas. É un debate que temos que dar, para que a xente se vaia concienciando de que os centros históricos das cidades van ter que apostar por reducir o consumo de gases contaminantes”, sinalou Rubén Arroxo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...