InicioSociedadeA investigación do crime machista da Pastoriza está á espera do informe...

A investigación do crime machista da Pastoriza está á espera do informe das autopsias

Todo apunta a que o home foi quen matou a súa muller antes de suicidarse na súa casa de Crecente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As pescudas sobre o ocorrido este sábado na Pastoriza apuntan a que, efectivamente, se trata dun crime machista e posterior suicidio do suposto asasino. Fontes próximas á investigación, que está a ser levada polo Xulgado de Mondoñedo, indicaron que se atopan á espera do informe definitivo das autopsias.

Para o Instituto Armado “todo apunta” a que o home, de 81 anos, matou a súa muller, de 79, na casa que compartían en Crecente. Logo diso, o presunto asasino suicidouse ao tirarse por unha fiestra da vivenda.

A causa sobre estas mortes está á espera do resultado definitivo das autopsias para ratificar que a muller faleceu dun golpe na cabeza e o home ao precipitarse por unha xanela.

FEITOS

Foi unha neta da parella quen localizou os corpos, pasadas as 20:00 horas do pasado sábado.  Supostamente, atopou a muller no interior da vivenda, cun golpe na cabeza.  Tamén presentaba coiteladas. Mentres, o cadáver do octoxenario foi achado no exterior da casa. Segundo indicaron fontes próximas á investigación, é posible que tentara cortarse cun coitelo antes de precipitarse pola fiestra para quitarse a vida.

Segundo da Delegación do Goberno en Galicia, non constaba ningún antecedente de malos tratos nin medidas cautelares na parella. O suceso investígase como un posible caso de violencia machista, así que, á espera da confirmación oficial, sería o primeiro feminicido do 2020 na Comunidade galega e o sexto en España.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...