InicioCulturaAs "vacas felices" dos Ancares protagonizan unha campaña de apoio ao filme...

As “vacas felices” dos Ancares protagonizan unha campaña de apoio ao filme ‘O que arde’

A cooperativa A Carqueixa sortea un lote de 5kg de tenreira suprema entre as persoas que participen na promoción da película durante o seu camiño previo aos Premios Goya.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O filme ‘O que arde’ (Oliver Laxe, 2019) deixou unha gran pegada entre a veciñanza dos Ancares, que se sente agradecida de que a paisaxe da súa terra chegara ás pantallas dos festivais con maior recoñecemento. Este sábado, ‘O que arde’ opta a catro galardóns nos Premios Goya 2020 e o apoio na comarca dos Ancares é total. Tanto que mesmo as “vacas felices” se implican no asunto.

A Cooperativa A Carqueixa puxo en marcha a principios desta semana unha campaña en redes sociais para apostar por Oliver Laxe e a súa película, en cuxa rodaxe participaron como extras moitos dos cooperativistas.

“Oliver gañou algo moito máis importante que a nominación aos Goya. Gañou aos veciños e gravou os Ancares como nunca antes”, destacou o presidente de A Carqueixa, José Antonio Díaz. ‘O que arde’ supón un “antes e un despois” porque “visibilizou en todo o estado e fóra del a nosa identidade e a problemática dos incendios”.

A MELLOR CARNE, A MELLOR PELÍCULA

Así pois, desde O Sabor dos Ancares, a marca coa que A Carqueixa comercializa a súa tenreira galega suprema, sortearán un lote de 5kg de carne entre as persoas que participen na acción de apoio. O lote está valorado en 53 euros e contén carne picada, hamburguesa, espaldilla, bistés, costeletas, agulla, xarrete e falda. Todo isto conta coa certificación correspondente e coa garantía dunha alimentación 100% natural e crianza en liberdade nos pasteiros dos Ancares.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...