InicioSociedadeO Supremo desestima a suspensión cautelar da sanción á xuíza Pilar de...

O Supremo desestima a suspensión cautelar da sanción á xuíza Pilar de Lara

O auto indica que nada impide que unha hipotética sentencia favorable lle permita volver ao xulgado de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala III do Tribunal Supremo acordou desestimar a suspensión cautelar que pedira a xuíza Pilar de Lara respecto da sanción imposta  polo Consello Xeral do Poder Xudicial. 

O expediente do CXPX implicaba sete meses e un día de suspensión de funcións por unha falta moi grave de desatención nas causas que instrúe, algo que está previsto no artigo 417.9 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Suporía, ademais, a perda de destino.

A Sala contesta que, “ante os feitos declarados probados en vía administrativa e que determinaron a imposición da sanción, a ponderación de intereses debe inclinarse en favor do interese xeral do bo funcionamento da administración de xustiza, que require que se cumpran as sancións impostas por condutas gravemente contrarias ao mesmo, sen prexuízo do que se resolva en sentenza”.

Respecto aos supostos prexuízos derivados da perda de destino, o auto xudicial destaca que nada impide que unha hipotética sentenza favorable lle permita volver ao xulgado no que agora desenvolve as súas funcións. “Non hai por tanto perda de finalidade do recurso nin en canto á praza que ocupa nin en canto ás restantes consecuencias económicas ou profesionais”, conclúe.

DISPOSTA A CHEGAR A ESTRASBURGO

A defensa de De Lara, o avogado Agustín Azparren, xa avanzara que estaban dispostos a recorrer a sanción no Tribunal Constitucional e no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos se o Supremo desestimaba a suspensión cautelar, algo que finalmente ocorreu.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...