InicioSociedadeAnimalistas denuncian "ameazas" de cazadores: "Non me graves, que comes a escopeta"

Animalistas denuncian “ameazas” de cazadores: “Non me graves, que comes a escopeta”

A asociación Libera enviará ao Consello Superior de Deporte varios vídeos como proba dos "incumprimentos" da lei de caza durante a batida de raposo celebrada o pasado fin de semana en Triacastela e Láncara.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación animalista Libera denunciará ante o Consello Superior de Deportes (CSD) as “ameazas” que supostamente recibiron por parte de cazadores participantes na batida de raposo celebrada o pasado fin de semana en Triacastela e Lugo. Os animalistas remitirán gravacións como proba dos “incumprimentos” da lei de caza.

Entre outras, din que nos vídeos filmados pode escoitarse un cazador pronunciando frases como: “Non me graves, que comes a escopeta”. Ademais, aseguran que tamén teñen vídeos nos que se ven cans cruzando a estrada sen control ou cazadores a menos de 100 metros de vivendas habitadas.

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...